Vista normal Vista MARC
  • Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCSUS)

Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCSUS) (Nombre corporativo)

Forma preferida: Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCSUS)
Usado por/ver desde:
  • Grupo de Creación Sonora
  • Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago

Despois dunha traxectoria de 16 anos, o Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCSUS) continuará avanzando nas liñas marcadas no pasado curso académico co obxectivo de dar a coñecer a arte sonora e a música electroacústica nas súas diferentes manifestacións: instalacións sonoras, performances, paisaxes sonoras, creacións audiovisuais, composicións electroacústicas … Tendo como marco programático os SONS CREATIVOS, plataforma de intercambio cultural, investigación e creación sonora, que chegará no ano 2015 á súa sétima edición, o GCSUS está a traballar nun proxecto no que teñan cabida novos artistas galegos, ademais de músicos de distintas procedencias como Edson Zamprona, compositor electroacústico de orixe brasileira radicado actualmente na cidade de León ou como Pedro Oliveira, da Universidade de Aveiro. E quere facelo a través dunha serie de concertos, intervencións de música electroacústica e propostas de arte sonora, procurando interactuar con novos espazos da cidade, tratando de vivir lugares cotiáns como lugares da arte. O GCSUS, revitalizado pola integración de novos músicos, continuará co seu traballo de creación con novas obras que se concretarán nun concerto para este foro. A proposta para esta edición comprende tamén varios talleres a cargo dos membros do GCSUS e/ou dos artistas convidados, e cuxo resultado se presentará como concerto dentro dos SONS CREATIVOS. http://www.usc.es/es/servizos/cultura/creason_lu.html

Koha-Kobli, © Ministerio de Cultura y Deporte, España, 2018

Con tecnología Koha